ghose 🍉 👣
Creo que dado o contexto podo escribir sobre #procycling sen usar CW.

A finde semana foi moi bonita (neste ámbito). Comezou o #TourDeFranceFemmes na rexión de #Bretagne e foron dúas etapas que usaron boa parte (e o circuito final) de dúas carreiras pertencentes á #CoupeDeFrance (gp morbian? gp du finisterre? Non lembro exactamente, pero son unhas carreiras sempre moi entretidas cun final esixente pero suficientemente aberto para ter emoción. Como así foi no Tour!.

Gran victoria case sen querer da GOAT (MV), cubríndolle as costas á compañeira (Pauline F-P) ata que viu que non ía gañar. E onte domingo, outra veterana do pelotón cunha victoria totalmente improbable, case como Thymen Arensmann o outro día en La Plagne, sempre coas favoritas a tiro de pedra pero sen decidirse a collela e tivo forza suficiente para non virse abaixo. Que contentas estaban todas as compañeiras do equipo!. Emocionaba escoitar a Letizia Paternoster na entrevista posterior con bágoas nos ollos.

Ver as mulleres no mesmo circuito que os homes dalle unha perspectiva máis humana (con respeto por eles) porque aprecias mellor o desnivel e o longos e agónicos que se poden facer eses finais. Moi bonitas as dúas victorias.

Koom op Wout!!

Que alegría levei! :aww: Pode que Wout o necesitase, pero os seus fans aínda máis! :sorrisosloth: I want to believe.
Tremendo, mírese como se mire. Que espectáculo de última etapa, co perigo (e emoción) engadido da chuvia. Ver a subida á capela aquela XD e prácticamente todo o circuito ateigado de xente xa era un espectáculo de cor e emoción compartida. Case un corredor humano, as rúas cos adoquíns mollados, Tadej a tope sentado ao seu estilo, parecía o Pateberg!… e de súpeto, sen agardalo, cando xa era unha novidade que puidese engancharse á súa roda, xurde van Aert dando os típicos chepazos, Tadej queda dous metros atrás, cinco, dez… xa arriba sabes que a victoria é súa, que se vai tirar cara abaixo como se non houbese mañán. Así é: Non hai mañán!! E que ben velo gañar así :adoro: Con esta victoria xa podemos ir tirando de fe un par de anos máis :rave:

#cycling #tourdefrance